Mércores, 04 de xullo de 2018
[04-07-2018] O departamento de Persoal fai público o anuncio da convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de asesores xurídicos de servizos sociais do Concello de Ames. O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 5 de xullo e remata o día 18 de xullo de 2018. Premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio publicado no BOP, o modelo de solicitude e mailo modelo de declaración xurada.




