Mércores, 26 de setembro de 2018
[26-09-2018] O departamento de Persoal fai público o anuncio publicado no BOP da convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de administrativos/as do Concello de Ames. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 10 de outubro de 2018. Premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio publicado no BOP, o modelo de solicitude e mailo modelo de declaración xurada.




