Pestanas principais

Proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun condutor de vehículo industrial

Venres, 04 de marzo de 2011

[04-03-2011]

O departamento de Persoal fai público que por acordo de Xunta de Goberno, de data 02/03/11, acordouse o inicio do expediente de contratación dun/dunha condutor/a do vehículo de limpeza industrial para a campaña intensiva de limpeza de cunetas, beiravías, bordes de pistas e camiños do viario municipal, campaña que finaliza o día 31-10-11.

O posto está encadrado no Grupo IV e, para optar a el, é preciso estar en posesión do título de graduado escolar ou equivalente, e do carné de conducir B1. Unha das fases do proceso consistirá na realización dunha proba de habilidade, durante un período de dez minutos supervisado polo Tribunal, co fin de demostrar o manexo do vehículo industrial que ten o Concello. Os/as interesados/as poderán presentar as solicitudes no rexistro xeral do Concello. O prazo de presentación de instancias remata o vindeiro 18 de marzo de 2011.

O modelo de solicitude, os requisitos e o contido íntegro das bases, poderán acadarse e consultarse polos/as interesados/as na oficina do Servizo de Recursos Humanos do Concello de Ames e premendo nas ligazóns que hai ao pé deste anuncio.