Pestanas principais

Proceso selectivo para a contratación dun axente de tecnoloxías da información e comunicación (Axente TIC)

Martes, 12 de xullo de 2011

[12-07-2011] Por medio de Decreto desta Alcaldía nº 857/2011, aprobouse a lista definitiva do proceso selectivo para a contratación coma empregado/a laboral temporal por obra ou servizo determinada, dun/dunha axente de tecnoloxías de información e comunicación (axente TIC), que desenvolverá as súas funcións nun centro municipal para a modernización e inclusión tecnolóxica, incluído na rede “CeMIT” da Xunta de Galicia. No citado decreto nomeábase o Tribunal e fixábase a data de realización da baremación de méritos.Non obstante, debido á urxencia das contratacións, convén fixar tamén coa antelación suficiente as datas de realización da proba teórica e da entrevista, polo que, no uso das facultades que me confire a vixente lexislación e de acordo co establecido no apartado 6º das mencionadas bases ,anunciadas na Web oficial do Concello, nos Taboleiros de Editos do Concello e no xornal “El Correo Gallego” na súa edición de data 3 de xuño de 2011.

RESOLVO:
1º.- Fixación de data e lugar para a realización da proba teórica:Convócase aos/ás aspirantes declarados/as admitidos para a realización da proba teórica, que terá lugar o vindeiro día 22 de xullo ás 10:00 horas nas dependencias da Casa do Concello. Todos/as os/as aspirantes deberán presentarse nas dependencias da Casa do Concello o mencionado día e hora provistos do D.N.I. E do material necesario para a realización da proba.
2º.- Fixación de data e lugar para a realización da entrevista:Convócase aos/ás aspirantes que superen a proba teórica para a realización da entrevista, que terá lugar o vindeiro día 28 de xullo ás 10:00 horas nas dependencias da Casa do Concello. Todos/as os/as aspirantes que tiveran superada a proba teórica, deberán presentarse nas dependencias da Casa do Concello o mencionado día e hora provistos do D.N.I.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as aspirantes poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data, na forma prevista na lexislación reguladora de dita xurisdición contencioso-administrativa.
De acordo co establecido na convocatoria, notifíquese esta resolución aos membros do tribunal e publíquese nos Taboleiros de Editos e na páxina web do Concello para coñecemento dos/as opositores/as.