[21-05-2012]
O departamento de Persoal fai público as bases e o anuncio do proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as instalacións das piscinas municipais no Concello de Ames.
As solicitudes presentaranse, conforme ó modelo que se achega como anexo, no Rexistro Xeral do Concello durante os 5 días hábiles seguintes á publicación na web do Concello do correspondente anuncio, sendo o último día de presentación de instancias o 26/05/2012.
As bases e os modelos de solicitude e de declaración xurada pódense obter, ademais de na páxina web, nas oficinas do Servizo de RR.HH. sitas na Casa do Concello (Praza do Concello, número 2, Bertamiráns). Fax: 981891475, Teléfono: 981883002, e-mail: persoal@concellodeames.org. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases, o anuncio, o impreso da declaración xurada, e o modelo de solicitude.




