[06-05-2011]
O departamento de Persoal fai público as bases e o anuncio do proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as instalacións das piscinas municipais no Concello de Ames.
As solicitudes presentaranse, conforme ó modelo que se achega como anexo, no Rexistro Xeral do Concello durante os 5 días hábiles seguintes á publicación na web do Concello do correspondente anuncio, sendo o último día de presentación de instancias o 13/05/2011.
As bases e os modelos de solicitude e de declaración xurada pódense obter, ademais de na páxina web, nas oficinas do Servizo de RR.HH. sitas na Casa do Concello (Praza do Concello, número 2, Bertamiráns). Fax: 981891475, Teléfono: 981884946, e-mail: persoal@concellodeames.org. Premendo nas ligazóns que hai ao pé deste anuncio podes obter as bases, o anuncio, o impreso da declaración xurada, e o modelo de solicitude.




