Xoves, 25 de agosto de 2016
[25-08-2016] O Concello de Ames acaba de convocar un proceso selectivo para a selección e contratación de dous técnicos medios de inserción laboral/prospección de empresas no ámbito do desenvolvemento das accións do programa integrado para o emprego "Inserames-Brión VIII 2016/2017". O prazo de presentación de solicitudes vai dende o día 24 até o 30 de agosto (5 días hábiles).
O modelo de solicitude, o impreso de declaración xurada e o contido íntegro das bases, poderán acadarse e consultarse polos/as interesados/as na oficina do Servizo de Recursos Humanos do Concello de Ames e premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas.




