Luns, 06 de xullo de 2015
[06-07-2015] O Concello de Ames acaba de convocar un proceso selectivo para a selección e contratación de dous técnicos medios de inserción laboral/prospección de empresas no ámbito do desenvolvemento das accións do programa integrado para o emprego "Inserames-Brión VIII 2015/2016". O prazo de presentación de solicitudes vai dende o día 7 ata o 11 de xullo (5 días hábiles). O modelo de solicitude, o impreso de declaración xurada e o contido íntegro das bases, poderán acadarse e consultarse polos/as interesados/as na oficina do Servizo de Recursos Humanos do Concello de Ames e premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas.




