Mércores, 29 de abril de 2015
[29-04-2015] O Concello de Ames acaba de convocar un proceso de selección e contratación de seis vixiantes para as piscinas descubertas municipais durante o verán de 2015. O prazo para a presentación de solicitudes é de 10 días hábiles e empeza a contar a partires do día seguinte a súa publicación, é dicir, finaliza o vindeiro 12 de maio. O modelo de solicitude, o temario, o impreso de declaración xurada e o contido íntegro das bases, poderán acadarse e consultarse polos/as interesados/as na oficina do Servizo de Recursos Humanos do Concello de Ames e premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas.




