Xoves, 04 de maio de 2017
[04-05-2017] O Concello de Ames acaba de convocar un proceso de selección e contratación de seis vixiantes para as piscinas descubertas municipais durante o verán de 2017. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 11 de maio de 2017. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases, os modelos de solicitude e de declaración xurada, así como coñecer o temario deste proceso selectivo.




