Pestanas principais

Proceso de creación dunha bolsa de traballo para asesores/as xurídicos/as do departamento de Urbanismo

Luns, 20 de abril de 2015

[20-04-2015] O Concello de Ames, acaba de convocar un proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo para asesores/as xurídicos/as do departamento de Urbanismo. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello durante os dez días hábiles seguintes á publicación do anuncio nun dos diarios de maior tirada da comarca, no taboleiro de edictos e na web do Concello. O prazo comeza a contar dende mañá martes 21 de abril ata o vindeiro 2 de maio. O modelo de solicitude, o impreso de declaración xurada e o contido íntegro das bases, poderán acadarse e consultarse polos/as interesados/as na oficina do Servizo de Recursos Humanos do Concello de Ames e premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas.