Pestanas principais

A Primavera Lúdica comezou hoxe as súas primeiras actividades en torno a temática "Diverciencia"

Luns, 21 de marzo de 2016

[21-03-2016] Este luns comezou o programa de conciliación Primavera Lúdica. Os 92 nenos e nenas participantes pasarán as mañás en centros de Bertamiráns e o Milladoiro entre xogos e actividades lúdicas á par que educativas. A temática á redor da que xirarán as actividades dos pequenos e pequenas é a ciencia. Da man das personaxes ficticias Profesor Nanómetro e Profesora Microscópica rapaces e rapazas introduciranse no mundo das ciencias. Este programa foi creado polo Concello de Ames para facilitar ás familias do municipio a conciliación da vida familiar coa laboral.

O programa Primavera Lúdica desenvolverase entre os días 21 e 28 de marzo, coincidindo coas vacacións escolares de Semana Santa. As súas actividades terán lugar no CEIP da Maía, no caso de Bertamiráns, e na EEI do Milladoiro e na Casa da Cultura do Milladoiro, no do segundo núcleo urbano amesán. No Milladoiro rapaces e rapazas dividiranse por idades de escolarización.

Durante o primeiro día organízanse xogos cunha dinámica grupal, "para que nenos e nenas comecen a coñecerse". Despois de romper o xeo os monitores e monitoras presentaranlles aos e ás participantes os exercicios e actividades que se farán ao longo da semana.

O título das actividades desta edición do programa de conciliación "Expedición Diverciencia". O profesor Nanómetro, un astrónomo chegado da NASA, e a profesora Microscópica, unha bióloga e exploradora de novas especies animais e vexetais, acompañarán esta semana aos nenos e nenas. Mentres os máis pequenos e pequenas construirán un pequeno Sistema Solar con materiais de refugallo, os máis pequenos construirán un planeta. "Escollerán a súa fauna e flora, como se pasa día a día no planeta e desenvolverán así a súa imaxinación", relatou unha das monitoras. "Faremos tamén experimentos con materiais caseiros, sen carácter nocivo, que poden reproducir despois na casa.

Reproduciremos, por exemplo, un clásico dos experimentos: o volcán".
Explicaban hoxe a Ames Radio os pequenos e pequenas que "imos facer planetas imaxinarios". Formaranse equipos e cada un deles ideará un planeta diferente: "como o de Zootrópolis, con moitos animais", "divertido", "un planeta pataca" ou "un planeta leituga", son só algunhas das ideas dos pequenos e pequenas.


Contido relacionado


El Correo Gallego:"El programa Primavera Lúdica atrae a 92 niños en pro de la conciliación"