Pestanas principais

Preto de 70 rapazas e rapaces participan dos cursos de natación municipais do mes de agosto

Martes, 15 de agosto de 2017

[15-08-2017] Os cursos de natación, que anualmente organiza o Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, están a contar neste mes de agosto coa participación de 66 rapazas e rapaces. Así, durante este mes hai 24 participantes anotados en Bertamiráns e 42 no Milladoiro. No mes de xullo, a participación tamén rondou cifras semellantes con 64 inscritos no total.


O curso de iniciación ao piragüismo está a contar cunha 30 de participantes 
Cerca de 30 rapazas e rapaces están a participar no curso de iniciación ao piragüismo deste verán. Organizado polo Club Piragüismo Ribeiras do Tambre, en colaboración co Concello de Ames, o curso está dirixido a nenas e nenos nados entre os anos 2003 e 2009. Durante o mes de agosto, as aulas impártense os mércores e os venres, entre as 16:30h e as 17:30 horas. O curso remata o próximo venres, 18 de agosto.

Nestes cursos as e os participantes están divididos en grupos en función da súa idade. Ás 11:15h, as primeiras e os primeiros en entrar na auga son os maiores de 10 anos; ás 12:00 horas é a quenda das nenas e nenos que están entre os 8 e os 9; xa ás 12:45h mergúllanse na auga aquelas e aqueles cuxa idade está comprendida entre os 6 e os 7 anos; e por último, ás 13:30h son as nenas e nenos entre os 3 e os 5 anos os que gozan da auga.

No mes de agosto están a participar nos cursos de natación 66 rapazas e rapaces. En Bertamiráns, son no total 24 nenas e nenos: 6 de entre 3 e 5 anos; 4 de entre 6 e 7; 6 entre os 9 e os 10; e 8 de mais de 10 anos. Pola súa banda, no Milladoiro, son 42 participantes: 18 de entre 3 e 5 anos; 10 de entre 6 e 7; 6 de entre 8 e 9; e, finalmente, 8 rapazas e rapaces maiores de 10 anos.

Os cursos de natación de verán son organizados co obxectivo de que as nenas e os nenos do concello gocen da auga, ao tempo que aprenden a nadar ou perfeccionan diferentes técnicas características deste deporte. De igual maneira, con eles tamén se procura ofrecer unha actividade coa que poder ocupar o tempo de lecer das nenas e nenos durante as vacacións estivais. No mes de xullo, participaron destes cursos 64 rapazas e rapaces amesáns.