Pestanas principais

Preto de 500 persoas asistiron ás 18 presentacións de libros organizadas polas bibliotecas de Ames

Mércores, 22 de xuño de 2022

O departamento de Bibliotecas amesán acolleu entre outubro de 2021 e xuño de 2022 unha serie de 18 encontros literarios e presentacións de libros, que serviron para dar a coñecer novas autoras, autores e proxectos literarios á veciñanza de Ames. Deste xeito, 475 persoas achegáronse a esta serie de actividades, que se desenvolveron no Pazo da Peregrina e no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns.

As bibliotecas de Ames fan balance das súas principais actividades de animación á lectura para o público adulto, realizadas ao longo do último trimestre de 2021 e da primeira metade de 2022, e que deixaron resultados positivos. Unhas 475 persoas participaron nas 18 presentacións de libros e encontros literarios organizados polas bibliotecas, cunha media de 26 persoas asistentes nestas propostas.

O evento de maior éxito foi a presentación de “Avelaíñas eléctricas” de Sica Romero e da editora Nêspera, que acolleu un cento de persoas o 16 de xuño, seguido do acto dedicado a “Os libros que hai en min”, de Emma Pedreira, ao que asistiron 40 persoas o pasado 4 de novembro de 2021. Coincidindo co curso lectivo 2021-2022, pasaron por Ames 10 autores e 8 autoras, e presentáronse dúas obras colectivas.

A serie de presentacións e encontros literarios arrincou en outubro de 2021, con “A bolsa ou a vida”, de Salvador Lladó. Ao longo dese trimestre, o Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu tres encontros literarios máis, sumando un total de 86 asistentes. Os proxectos literarios presentados foron “Os libros que hai en min”, de Emma Pedreira; “A propósito de Fraga”, de Alfredo Conde, e “É todo conto”, de Xosé Luís Santos Cabanas.

No primeiro trimestre de 2022 celebráronse cinco presentacións máis, aos que acudiron 114 persoas. O ano de encontros literarios abriuse no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, que acolleu un acto dedicado a un número dos Cadernos Ramón Piñeiro adicado a Xela Arias. No Pazo da Peregrina de Bertamiráns desenvolvéronse os eventos restantes: foron presentados “O caso dos amantes de París”, de Miguel Alonso; “La sonrisa permite respirar al alma”, de Ana Veiga; a revista MujerArt, e “O libro da filla”, de Inma López Silva.

Pola súa banda, o período de abril a xuño foi o de maior actividade, con nove propostas, e cunha participación de 275 persoas. En abril, celebráronse dous encontros con autores e autoras amesás, polos que pasaron Charo Pita, Carlos Labraña, Mariña Pérez Rei e Rafa Vilar. En maio e xuño os libros presentados foron “As casualidades necesarias”, de Daniel Pino; “O idioma galego baixo o franquismo”, de Henrique Monteagudo; “O sal dos días”, de Rafa Vilar; “Cuestión social: protocolo, boas maneiras, etiqueta e imaxe”, de Margarita Murillo; “Retratos en branco e negro”, de Charo Pita; “Unha cervexa Chang”, de Manuel Portas, “Avelaíñas eléctricas” de Sica Romero e a editora Nêspera.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Cuentan por cientos los asistentes a actos y presentaciones literarias"

Preto de 500 persoas asistiron ás 18 presentacións de libros organizadas polas bibliotecas de Ames

Multimedia

  • Preto de 500 persoas asistiron ás 18 presentacións de libros organizadas polas bibliotecas de Ames
  • Preto de 500 persoas asistiron ás 18 presentacións de libros organizadas polas bibliotecas de Ames
  • Preto de 500 persoas asistiron ás 18 presentacións de libros organizadas polas bibliotecas de Ames