[03-06-2013] O alcalde de Ames, Santiago Amor, acompañado da concelleira de Cultura, María Eugenia Martín, o concelleiro de Promoción Económica e Educación, Bernardo Moar, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, Alfredo Taboada, achegaronse este domingo ao pavillón polideportivo do Milladoiro onde se desenvolveu ao longo de toda a xornada o IV Encontro de Bolillos e Labores Artesanais. Neste encontro participaron preto de 500 palilleiras e toda Galicia. Cómpre destacar a asistencia de Montse Betanzos, artesana colareira do Grove, que mostrou o seu traballo.
A programación do encontro comezou ás 10:00 horas coa recepción de todos/as os/as participantes. A partir das 10:30 e ata as 14:00 horas desenvolveuse a primeira parte deste encontro. Pola mañá houbo un obradoiro denominado “Mesturando novidades” e celebrouse en dúas quendas: ás 11:00 h e ás 12:30 horas. A duración foi de 45 a 60 minutos e o máximo de alumnos foi de 6 persoas por grupo. Ao mediodía fíxose un descanso de dúas horas para comer. O encontro retomouse a partir das 16:00 ata as 19:00 horas. Ás 18:00 h da tarde realizouse a entrega de diplomas a todas as asociacións participantes neste encontro.
O cuarto encontro de palillos e labores artesanais reune a todas aquelas persoas que gozan realizando labores artesanais de todo tipo. O obxectivo principal desta xuntanza é o intercambio de aprendizaxes e a transmisión e divulgación de temas relacionados co encaixe de palillos e todo tipo de labores artesanais. Os asistentes puideron achegar as súas creacións para que todas as persoas que están interesadas neste labor artesanal puidesen aprender as diferentes técnicas de elaboración.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "El arte de los bolillos reúne a casi 500 personas en Milladoiro"




