Pestanas principais

Preto de 450 persoas participaron na marcha ciclista nocturna da VIII Semana da Mobilidade de Ames

Sábado, 26 de setembro de 2026

O Concello de Ames celebra por oitavo ano consecutivo a Semana Europea da Mobilidade, que nesta ocasión, se está desenvolvendo os días 25 e 26 de setembro, cunha serie de actividades a prol da mobilidade para todas as persoas. Deste xeito, o programa incluíu unha marcha ciclista nocturna cun percorrido de 8 quilómetros, celebrada na xornada de onte, venres 25, e que contou con arredor de 430 participantes. Trátase da maior participación acadada nestes oito anos. Incrementouse en preto de 100 persoas a participación respecto da edición anterior. Ademais, hoxe sábado, a partir das 17.00 horas, haberá actividades e xogos populares en bici no aparcadoiro de Agriños, no Milladoiro.

A marcha ciclista nocturna volveu a xuntar, unha edición máis, a un gran número de veciños e veciñas para dar un paseo en bicicleta polo núcleo urbano de Bertamiráns e a súa contorna. Trátase dunha actividade familiar na que este ano se xuntaron arredor de 430 persoas de todas as idades, batendo o récord de inscrición de edicións anteriores. No 2024, participaron arredor de 230 persoas, mentres que na pasada edición de 2025 a participación chegou ás 340 persoas.

O alcalde de Ames, Blas García, destaca “seguimos apostando pola mobilidade, pero non só cando celebramos a semana da mobilidade, senón que este goberno municipal leva apostando por unha mobilidade real desde comezos de mandato. Nós temos claro que as rúas teñen que ser das persoas e non dos vehículos. Hai que cambiar os hábitos diarios para non chegar á porta da casa co coche. As actividades previstas xa están moi consolidadas entre a veciñanza amesá e dá gusto ver a familias completas participando na marcha ciclista nocturna”.

A concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez, explicou que “nesta edición tivemos a maior participación acadada nestes oito anos que levamos celebrando a Semana Europea da Mobilidade. Incrementouse en preto de 100 persoas a participación respecto da edición anterior”. Ademais, incidiu en que “desde este goberno seguimos apostando pola mobilidade, aínda que sabemos que non é doado cambiar as costumes, pero confiamos en que a xente pouco a pouco vaia cambiando os seus hábitos. Nos últimos anos estanse priorizando políticas de humanización, para darlle prioridade ás persoas nos espazos públicos”. 

Marcha ciclista nocturna
O percorrido de oito quilómetros desta edición realizouse sen ningunha incidencia e garantindo todas as medidas de seguridade. Deste xeito, o grupo de participantes foi escoltado en todo momento, ademais de levar cadanseu os seus pertinentes chalecos, cascos e luces, tal e como recomendou a Policía Local cando se presentou a actividade. Saíron dende a praza do Concello e percorreron varias rúas da localidade de Bertamiráns e tamén se achegaron ata o lugar de Sisalde.

Actividades e xogos populares en bicicleta 
Por outra banda, hoxe sábado 26, continúa a programación con actividades e xogos populares en bici, orientados a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. Ditas actividades desenvolveranse no aparcamento de Agriños, no Milladoiro, a partir das 17.00 horas. Cada neno ou nena participante deberá levar a súa propia bici e un casco para garantir a seguridade en todo momento. Os xogos estarán divididos segundo a idade dos rapaces e rapazas, xa que un/unha neno/a de 5 anos non ten a mesma axilidade que outro rapaz/a de 10 anos.

Mobilidade para todas e todos
A Semana Europea da Mobilidade é unha campaña dirixida a sensibilizar, tanto aos responsables políticos como á cidadanía, sobre as consecuencias negativas que ten para a saúde pública e o medio ambiente o uso excesivo do coche na cidade. Así mesmo, busca promover o uso de modos de transporte máis sostibles, en particular, o transporte público, a bicicleta e os desprazamentos a pé. Mobilidade para todas as persoas é o lema da VIII Semana Europea da Mobilidade do Concello de Ames.

Preto de 450 persoas participaron na marcha ciclista nocturna da VIII Semana da Mobilidade de Ames

Multimedia

  • Preto de 450 persoas participaron na marcha ciclista nocturna da VIII Semana da Mobilidade de Ames