Pestanas principais

Preto de 40 mozos e mozas de Ames desfrutaron da actividade de Trouleando no Ecoparque Multiaventura de Marín

Mércores, 02 de xuño de 2021

A Concellaría de Mocidade organizou o pasado sábado, 29 de maio, unha xornada no Ecoparque Multiaventura (Marín-Pontevedra), onde a mocidade amesá gozou de catro circuítos suspendidos nas árbores con máis de 70 xogos como lianas, tirolinas, rocódromo, redes, pontes de mono, troncos, táboas...  Esta actividade, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), está incluída no programa Trouleando 2021. Proximamente poderase inscribirse en novas actividades.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mocidade, retomou as actividades do programa Trouleando que, durante o primeiro trimestre deste ano, non se realizaron actividades debido ás restricións aprobadas pola Xunta de Galicia para tratar de facer fronte á pandemia da Covid-19. Deste xeito, para o pasado sábado 29 de maio organizouse unha xornada que conxugaba diversión, deporte e aventura, para gozar dunha xornada diferente e saír da rutina semanal.

Preto de 40  mozos e mozas de Ames asistiron ao Ecoparque Multiaventura de Marín.  Durante a tarde do sábado demostraron a súa habilidade e destreza en altura. Houbo servizo de autobús,  dende Bertamiráns e dende o Milladoiro .

A concelleira de Mocidade, Escarlata Pampín, destaca que despois destos meses tan difíciles que nos preceden resulta moi gratificante programar actividades que fagan que a nosa mocidade pase unha xornada diferente e desfrute ó aire libre de xeito que se cumplan as medidas sanitarias aínda presentes.

Trouleando no Ecoparque Multiaventura de Marín

Multimedia

  • Trouleando no Ecoparque Multiaventura de Marín
  • Trouleando no Ecoparque Multiaventura de Marín
  • Trouleando no Ecoparque Multiaventura de Marín