Pestanas principais

Preto de 30 nenos e nenas de Ames participaron no obradoiro de poesía

Sábado, 12 de febreiro de 2011

[12-02-2011] A Biblioteca Municipal de Ames fai xirar este mes a súa programación arredor do tema do amor. Entre as actividades programadas estaba o obradoiro de poesía que tivo lugar nas tardes do mércores e o xoves en Bertamiráns e no Milladoiro respectivamente. Os cativos participantes puideron gozar cunha serie de actividades como a elaboración de pequenas rimas e poemas. Ademais, os días 9 e 10 de marzo está prevista a celebración de dous obradoiros para celebrar o Día da muller traballadora. A data de inscrición para este obradoiro vai do 21 de febreiro ao 5 de marzo.

O amor centra a programación de febreiro da Biblioteca Municipal de Ames. Baixo o lema "Ai, o Amor" este será o tema central nun mes no que se celebra o día dos namorados. Unha das actividades previstas pola Biblioteca tivo lugar ao longo do mércores e o xoves en Bertamiráns e no Milladoiro. A Biblioteca organizou un obradoiro de poesía dirixido a nenos e nenas maiores de 8 anos. Na actividade os rapaces e as rapazas participantes puideron levar a cabo unha serie de actividades como foron a creación de pequenos poemas e a elaboración de rimas. Ademais xogaron cos pareados e cos populares trabalinguas. A actividade levouse a cabo ás 18:30 horas os dous días e nela participaron 7 rapaces en Bertamiráns e 18 no Milladoiro.

En marzo a programación da biblioteca continuará cunha actividade moi ilusiónante para os rapaces. A biblioteca participará o día 5 no Entroido cunha comparsa propia á que poderán apuntarse todas as persoas interesadas ata o 14 de febreiro. Para esta actividade xa están anotados preto de 200 rapaces e rapazas, uns 100 en Bertamiráns e uns 80 no Milladoiro.

Ademais, os días 9 e 10 de marzo está prevista a celebración de dous obradoiros para celebrar o Día da muller traballadora -que ten lugar o 8 deste mesmo mes-. Así, o mércores 9 en Bertamiráns e o xoves 10 no Milladoiro celebraranse estes obradoiros dirixidos a nenos e nenas maiores de 8 anos. A data de inscrición vai do 21 de febreiro ao 5 de marzo e os que o desexen deben inscribirse nas bibliotecas destas dúas poboacións, lugar onde se celebrarán estes obradoiros a partir das 18.30 h. en ambos días.

Estes actos constarán da lectura dunha carta dirixida ás nais, falarán sobre os traballos que estas realizan, participarán en xogos relacionados con distintas profesións que habitualmente se relacionan cun sexo determinado -polo que se intentará cambiar esa costume e falarlle aos rapaces e rapazas da necesidade de cambiar este costume de identificar determinadas labores coa muller e outros co home como se fose o natural- ; e falaráselles da necesidade de traballar a prol da igualdade entre homes e mulleres.

Así pois, uns meses moi completos no que á programación destinada aos máis pequenos e pequenas da casa se refire.

A nova noutros medios dixitais:

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "La biblioteca de Ames tendrá una comparsa de 200 niños"
La Voz de Galicia: "La biblioteca de Ames tendrá una comparsa de 200 niños"
La Voz de Galicia: "La biblioteca de Ames tendrá una comparsa de 200 niños"
La Voz de Galicia: "La biblioteca de Ames tendrá una comparsa de 200 niños"