Pestanas principais

Preto de 200 rapaces e rapazas participan nos cursos de natación no mes de agosto

Mércores, 03 de agosto de 2011

[03-08-2011] Comeza a segunda quenda dos cursos de natación de verán do mes de agosto no Concello de Ames, con case 200 cativos inscritos, con idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos. Xunto os que acudiron no mes de xullo, a cifra aproxímase a preto de 400 nenos e nenas, ós cales non lles impediu o mal tempo que acudiran asiduamente ás piscinas descubertas. Os cursos obedecen a un programa dedicado a ocupar o tempo libre dos cativos durante as vacacións do verán aprendendo un deporte novo.

Esta actividade súmase ao curso de iniciación ao piragüismo que se puxo en marcha o pasado día 1 de xullo, que transcorre na praia fluvial de Tapia, durando ata finais de agosto, e que conta coa participación de 18 rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos.


Comezou a segunda quenda para os cursos de natación de verán correspondente ao mes de agosto, con preto de 200 rapaces matriculados, entre a piscina de Bertamiráns e a do Milladoiro. Estes cursos impártense de luns a venres, e conta cunha gran aceptación por parte da veciñanza acudindo incluso con mal tempo. Impartíronse clases todo o mes de xullo, excepto un día por unha forte choiva. O mes de agosto preséntase tamén cunha forte aceptación, repartíndose os cursos ao longo da mañá, divididos en franxas de idade. Das 10:30 h. ás 11:15 h. é a quenda dos nenos e nenas de 12 anos; das 11:15 h. ás 12:00 h. é a hora dos cativos e cativas de dez e once anos;  na terceira quenda, das 12:00 h. á 12:45 h., participan os rapaces  de oito a nove anos; das 12:45 h. a 13:30 h., os nenos e nenas de entre seis e sete anos e, na última quenda, de 13:30 h. a 14:15 h.,  tócalle a vez ao grupo dos máis cativos, os e as que teñen entre tres e cinco anos.