Pestanas principais

Preto de 1.500 persoas empregaron o Punto Limpo durante o primeiro trimestre de 2014

Martes, 15 de abril de 2014

[15-04-2014] O centro de depósito de residuos do Punto Limpo de Ames, situado no polígono do Milladoiro, rexistrou durante o primeiro trimestre deste ano uns datos que amosan a concienciación da cidadanía amiense co medio. En total, durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2014 un total de 1.139 veciños e veciñas de Ames achegáronse ata o Punto Limpo para depositar alí todo tipo de residuos, favorecendo a súa mellor valorización e evitando o seu depósito incontrolado. O Punto Limpo mellora ano a ano os seus datos, xa que as cifras de entradas do 2013 con 4.694 usuarios/as superan ás rexistradas no 2012, no que se contabilizaron 4.520 entradas. En 2011 rexistráronse 4.600, en 2010, un total de 4.424 e en 2009, empregaron estas instalacións 3.863 veciños e veciñas.

Horarios e teléfono de contacto
O Punto Limpo está situado na rúa das Hedras do polígono Novo Milladoiro e ata alí poden achegarse todos os veciños e veciñas de Ames para desfacerse de aqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais de materiais orgánicos, inorgánicos, vidro ou papel. O centro está aberto preto de 40 horas semanais en xornada de mañá e tarde entre luns e o sábado. Así, o Punto Limpo abre de luns a venres de 10:00 h a 14:00 horas e de 16:00 h a 18:00 horas. Os sábados o horario é de 9:00 h a 14:00 horas e de 16:00 h a 20:00 horas. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981536 688. Para a recollida de voluminosos e enseres a domicilio, os cidadáns teñen que chamar ao número de teléfono 630 107 638.

O Parque de Reciclaxe ou Punto Limpo é un centro de aporte voluntario, equipado de colectores específicos, capacitado para recibir residuos dos particulares censado en Ames que deberán acudir ao centro co DNI ou volante de empadroamento. O servizo é de balde para estes veciños. O Punto Limpo favorece a separación en orixe, contribuíndo ao reciclaxe dos residuos recollendo os enseres domésticos e participa na loita contra os vertidos incontrolados.

En total, durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2014 un total de 1.139 veciños e veciñas de Ames achegáronse ata o Punto Limpo para depositar alí todo tipo de residuos, favorecendo a súa mellor valorización e evitando o seu depósito incontrolado. En xaneiro houbo 404 entradas; en febreiro realizáronse 319 entradas; e en marzo producíronse 416 entradas.

Durante o mes de marzo os veciños e veciñas amienses entregaron 2.223 quilos de equipos electrónicos, 120 quilogramos de envases baleiros contaminados e 200 quilos de neumáticos que se atopaban fóra de uso. No pasado mes de marzo tamén se entregaron 39 unidades de tubos fluorescentes e outras lámpadas, 85 quilos de baterías de chumbo, 7 quilogramos de pilas e 10 unidades de aerosois.

Os entullos procedentes de obras menores supuxeron 30 metros cúbicos, aos que se sumaron 20 metros cúbicos de plásticos, 20 de metais e outros 20 de madeira, así como 118 quilogramos de pintura. Os veciños e veciñas tamén achegaron 304 litros de aceites vexetais e outros 57 de aceite de motor. O Punto Limpo tamén recolleu 6 metros cúbicos de roupa, 9 de papel e outros 30 de voluminosos como colchóns, sofás e escumas.

A concelleira de Medio Ambiente, María Eugenia Martín, lembrou que a veciñanza amiense “ten á súa disposición este centro de depósito para desfacerse daqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais de materiais orgánicos, inorgánicos, vidro ou papel”. Ademais, destacou que no Punto Limpo tamén “se pode deixar aceite usado tanto vexetal como de motor”.