Pestanas principais

Preto da metade dos enquisados visitan mensualmente o taboleiro de anuncios da Sede electrónica

Luns, 10 de maio de 2021

O 80% de veciños e veciñas de Ames que responderon á enquisa sobre a Sede electrónica municipal afirmaron empregala. O 46% dos enquisados accede mensualmente ao taboleiro de anuncios e só 3 persoas, diariamente. O 40% dos participantes valoran, a niveis xerais, “regular” a Sede electrónica, mentres que 15 persoas, boa. Non obstante, 10 persoas están insatisfeitas coa páxina web. Os veciños e veciñas destacan o bo funcionamento do apartado de “pago en liña” xa que, o 75%, nunca tiveron problemas co servizo.

A última enquisa realizada interpelou á veciñanza sobre a Sede electrónica da páxina web municipal. Formada por 11 cuestións, comezouse preguntando aos participantes se algunha vez fixeron uso da Sede electrónica, ao que o 80% respondeu que si. A nova ferramenta de cita previa é un servizo menos habitual xa que a maioría non o empregou nunca. O mesmo ocorre co pago en liña, que só o ten utilizado o 28% dos enquisados. Deles, o 75% nunca tivo problemas co servizo mentres que 4 persoas, aseguran que sempre.

Ademais, debido a que para a tramitación de moitas solicitudes na nova sede é obrigatorio o uso do certificado electrónico ou DNI electrónico, interesou saber se a veciñanza dispón dalgúns deste dous documentos de identificación. Más persoas dispoñen do certificado electrónico, 72%, que do DNI electrónico, 65%. Ademais, 11 veciño/as descoñecen como conseguir o primeiro documento.

A maioría dos/as enquisados/as visitan mensualmente de unha a dez veces a Sede electrónica. Dúas persoas fano máis de dúas veces ao mes  e 13, ningunha. A enquisa pretende coñecer a experiencia dos veciños e das veciñas co servizo e por iso se pregunta se algunha vez se tivo problemas coa presentación telemática de documentación na Sede electrónica. Ante isto, o 39% asegurou que algunha vez seguido do 33% que afirma que nunca.

Por outro lado, a información municipal de convocatorias, subvencións, procesos selectivos, edictos, ordenanzas, etc. atópase no taboleiro de anuncios da Sede electrónica. É por iso que unha cuestión fai referencia á frecuencia coa que o/a usuario/a consulta dito taboleiro. A  maioría acoden a el de xeito mensual, 22 persoas descoñecen este apartado, e 3 veciño/as visítano todos os días.

O 40% dos participantes fan unha valoración “regular” a nivel xeral da Sede electrónica, o 26%, “boa” mentres que o 33% restante, considérana mala ou moi mala.

Suxestións e suxestións dos veciños e veciñas
Co fin de mellorar a Sede electrónica municipal, a enquisa web habilitou un apartado no que o/as enquisado/as podían engadir comentarios. A maioría aconsellaron que se actualizara o portal para encontrar os trámites dun xeito más sinxelo e intuitivo. Outra das suxestións máis repetidas foi a de empregar totalmente o uso da lingua galega.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "A un 73 por ciento de los encuestados no le hace tilín la sede electrónica del municipio"

sede electronica ames.