Pestanas principais

Prestación económica de pagamento único por fillos menores de tres anos para o ano 2013

Martes, 02 de abril de 2013

[02-04-2013] O Concello de Ames informa de que a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia convoca a “Prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de 3 anos para o ano 2013”, Orde do 26 de marzo de 2013, publicada no D.O.G. número 62 de 1 de abril de 2013. Poderanse beneficiar desta axuda aquelas persoas que teñan ó seu cargo fillos/as menores de tres anos á data de 1 de xaneiro do 2013 (nacidos entre o 02/01/2010 e o 01/01/2013, inclusive) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2011, nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estiveran obrigados a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso. No caso de fillos/as adoptados/as ou acollidos/as entre o 31 de decembro de 2011 e o 31 de decembro de 2012, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o bando sobre a prestación económica de pagamento único por fillos menores de tres anos.