Pestanas principais

Prestación económica de pagamento único por fillos menores de tres anos para o ano 2012

Luns, 20 de febreiro de 2012

[20-02-2012] O Concello de Ames informa de que a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia convoca a “Prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de 3 anos para o ano 2012”, Orde do 30 de decembro de 2011, publicada no D.O.G. nº 32 de 15 de febreiro de 2012. Poderanse beneficiar desta axuda aquelas persoas que teñan ó seu cargo fillos/as menores de tres anos á data de 1 de xaneiro do 2012 (nacidos entre o 02/01/2009 e o 01/01/2012, inclusive) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2010, nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estiveran obrigados a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso. No caso de fillos/as adoptados/as ou acollidos/as entre o 31 de decembro de 2010 e o 31 de decembro de 2011, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o bando sobre a prestación económica de pagamento único por fillos menores de tres anos.