Martes, 18 de marzo de 2014
[18-03-2014] O Concello de Ames informa da orde do 11 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2014. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar as bases desta prestación e a nota aclaratoria sobre a documentación que hai que achegar. As solicitudes poderán presentarse dende o 18 de marzo ata o 26 de abril de 2014 (ambos os dous días incluídos).




