Pestanas principais

Preséntase o Plan de Aforro Enerxético para o Concello de Ames

Mércores, 16 de setembro de 2015

[16-09-2015] O salón de plenos do Concello acolleu esta mañá a presentación da Auditoría Enerxética sobre o alumado público do municipio de Ames, encargada polo goberno á FAEPAC (Fundación Axencia Enerxética de A Coruña). No estudo contémplase medidas para acadar un aforro medio de consumo do 80 por cen e un aforro económico do 64 por cen, ademais de importantes melloras en materia de seguridade. A inversión calculada para acadar estes obxectivos é de 900.000 euros, situándose a taxa de retorno para recuperar esta inversión nunha media de seis anos. O goberno estuda as posibles vías de financiamento, mentres que a FAEPAC completa o estudo na zona rural do Concello. A presentación correu a cargo do alcalde de Ames, José Miñones, a concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero e o técnico de FAEPAC, Xosè Golpe.

Aforro económico, aforro enerxético e mellora da seguridade. Estes son os obxectivos principais sobre os que traballou a (Fundación Axencia Enerxética de A Coruña) FAEPEC á hora de elaborar a Auditoría Enerxética sobre o alumado público de Ames, encargada polo actual goberno do Concello. “Xa cando estabamos na oposición, e conscientes das deficiencias tanto en materia de aforro como de seguridade no alumado público do Concello, pedimos que se fixera un estudo detallado de como estaba a rede eléctrica e como se podía mellorar”, lembra o alcalde de Ames. ao tempo que insiste na necesidade de actuación por motivos de aforro e especialmente por motivos de seguridade: “Unha vez realizado o estudo o que se pon sobre a mesa é a necesidade de actuación sobre esta rede de Ames tanto por temas de aforro, como e isto nos parece tan ou maís importante, como por temas de seguridade que para nós é a prioridade. Se ademais con esta actuación podemos conseguir un concello 2.0, e dicir unha xestión da información xeoreferenciada a través de todo o control da rede lumínica, apostaremos por elo".

Na elaboración da Auditoría a Fundación Axencia Enerxética de A Coruña atopou unha liña de alumado en zonas obsoleta, en outras cun nivel de sobre iluminación importante, equipos de aforro que non funciona, luminarias que non concordan en servizo e eficiencia con respecto ao lugar onde están situadas e mesmo contadores coa hora desaxustada o que supón penalizacións diarias na tarifa a pagar. Ademais o estudo sinala algúns defectos de seguridade.

No canto das propostas, a Auditoría aposta pola tecnoloxía led, substituindo a meirande parte das lámpadas de descarga por led: “No caso das luminarias tipo “Villa”, ou sexa eses farois que hai no interior das rúas de Milladoiro e Bertamiráns, a solución que propoñemos non é a de substituír esa luminaria completa, senón quitar o equipamento que hai dentro e insertar un módulo led co cal o casco sirve e o nivel de inversión baixa moito”, explicou o técnico da FAEPAC, Xosé Golpe no transcurso da rolda de prensa. Golpe matizou que, pola disposición das luminarias e a altura dos báculos, hai algunhas zonas do Concello onde no se pode aplicar esta solución: “Isto acontece concretamente nas avenidas de A Maia e A Peregrina e aquí propoñemos tecnoloxía dixital, con equipos dixitais e redución de potencia en lámpadas, porque non hai ningún led no mercado hoxe en día que poida cubrir esa zona cos garantes e os niveis que pide a norma vixente”.

Aforro e financiamento
O aforro económico que se pode conseguir coas pautas que indica a Auditoría é do 64 por cen con respecto ao que o Concello gasta en luz na actualidade, mentres que o aforro medio de consumo se sitúa nun 80%. O nivel de inversión sitúase en 900.000 euros, 491.000 para a zona do Milladoiro e 403.000 para Bertamiráns e a taxa prevista de retorno bruto, ou sexa o que se tardaría en recuperar a inversión, acadaría unha media de seis anos.

O Goberno estuda posibles vías de financiamento: A primeira delas basease nun programa de axuda que convoca o Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía IDAE, que pertence ao Ministerio de Industria. Esta axuda estableceríase baixo a modalidade de préstamo reembolsable cun prazo de amortización que pode chegar aos 10 anos e que subvencionaría o 100% da inversión cun marxe mínimo de solicitude de 300.000 euros e un máximo de 4 millóns . O prazo para solicitar esta axuda está aberto ata maio de 2016. “Esta é a primeira vía principal que estamos estudando -declara a concelleira de Economía e Facenda Gemma Otero- pero hai outras vías como pode ser licitar este servizo cunha ESE, Empresa de Servizos Enerxéticos ou, unha terceira a través de fondos propios. Pero esta é unha inversión moi forte de afrontar polo Concello, polo que estamos centrando os esforzos en estudar esa primeira vía do IDAE”.


Contido relacionado


"Ames acadará un aforro do 80 % no consumo enerxético"
"El plan energético de Ames prevé reducir el consumo del alumbrado público un 80 %"