Pestanas principais

Preséntase a composición do novo goberno municipal tralo acordo alcanzado entre o PSdeG-PSOE, Contigo Pódese e BNG

Martes, 07 de xullo de 2015

[07-07-2015] O salón de plenos da Casa do Concello acolleu este martes pola tarde a presentación do novo goberno municipal, tralo acordo alcanzado entre os grupo políticos do PSdeG-PSOE, Contigo Pódese e BNG. Na rolda de presa de presentación estiveron o alcalde e todos os concelleiros/as dos tres grupos políticos que forman o novo goberno municipal de Ames (non asistiu a concelleira Isabel González por motivos persoais). Ademais, neste acto asináronse os decretos coas delegacións de cada unha das concellarías do novo goberno municipal. Tamén se deu conta do reparto das tenencias de Alcaldía e da nova composición da Xunta de Goberno Local. Este venres, 10 de xullo, celebrarase o pleno de organización no que se decidirán as dedicacións de cada grupo municipal, así como a periodicidade coa que se celebrarán os plenos e as xuntas de goberno local, entre outros asuntos.

Tenencias de Alcaldía e composición da XGL
Por outra banda, deuse conta do reparto das tenencias de Alcaldía: Así a primeira tenente de alcalde é Genma Otero; a segunda tenencia de alcaldía correspóndenlle a David Santomil; o terceiro tenente de alcalde é Blas García; a cuarta tenencia de alcaldía é para Silvia Dapena; a quinta tenente de alcalde é Isabel Vaquero; e a sexta tenencia de alcaldía é para Luísa Feijóo. Por último, a Xunta de Goberno Local estará composta polo alcalde, José Miñones, Genma Otero, David Santomil, José Blas, Silvia Dapena, Isabel Vaquero e Luísa Feijóo.

Neste mesmo documento tamén se recolle o organigrama municipal de dedicacións; das áreas de xestión, do reparto de responsabilidades cos cargos de alcaldía, as tenencias de alcaldía, o nomeamento do persoal de confianza, as asignacións das dedicacións exclusivas e parciais, así como o programa de accións e a validez do mencionado documento.

Sobre o reparto das dedicacións, o alcalde, José Miñones, adiantou que neste documento recóllese que o goberno municipal tería cinco dedicacións e media, repartidas entre sete membros do goberno municipal (4 persoas terían unha dedicación exclusiva e outras tres persoas terían unha dedicación parcial). De tódolos xeitos, estas cuestións teranse que tratar e aprobar, se procede, este venres, ás 10 de xullo, ás 16:30 horas, no pleno de organización que se celebrará na Casa do Concello.

Esta tarde, as 18:30 horas, celebrouse unha rolda de prensa na que se anuncio o acordo de goberno ao que chegaron os grupos políticos do PSdeG-PSOE, Contigo Pódese e BNG. Trátase dun pacto de goberno que xira arredor dun programa para a lexislatura 2015-2019, que foi elaborado polas devanditas forzas políticas, e que está divido en cinco grandes áreas ou liñas programáticas que son: un goberno municipal transparente, aberto e participativo; un goberno comprometido co emprego e co desenvolvemento económico de Ames; que Ames sexa un concello para vivir apoiando o desenvolvemento territorial sustentable; un goberno comprometido coa igualdade e as políticas sociais por unha saída social á crise; e un goberno comprometido coa lingua e a cultura galega.

Ademais da sinatura do devandito pacto, neste acto, tamén se dou conta e se asinaron os decretos mediante os cales se delegan en cada un dos concelleiros e concelleiras as diferentes áreas do goberno municipal. Deste xeito, o alcalde, José Miñones, leva as áreas de seguridade, emerxencias, persoal e reforma administrativa e deportes; Luísa Feijóo é a concelleira delegada de sanidade, servizos sociais e igualdade; Blas García é o encargado da concellaría de urbanismo, obras públicas, e servizos básicos; Isabel González leva a concellaría de participación e atención veciñal e promoción económica; Genma Otero é a concelleira de Economía e Facenda; Catuxa García dispón das competencias de medio ambiente e desenvolvemento sostible; Silvia Dapena é a concelleira de mocidade e transparencia; David Santomil é o encargado da concellaría de Educación e Cultura; e Isabel Vaquero leva as áreas de normalización lingüística e comunicación.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Presentación del nuevo gobierno de Ames"
La Voz de Galicia: "El gobierno de Ames plantea cuatro dedicaciones exclusivas y tres parciales"
La Voz de Galicia: "Ames cierra un gobierno en minoría de PSOE, Contigo Pódese y BNG"
El Correo Gallego: "José Miñones gobernará Ames en minoría junto a Contigo Pódese y BNG"