Xoves, 24 de febreiro de 2011
[24-02-2011] O xoves, 24 de febreiro, ás 20.30 horas, o Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle a presentación do último libro de Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, titulado En castellano no hay problema.
O evento comezará ás 20:30 horas e contará coa participación de Rafa Vilar (escritor e técnico de normalización lingüística), Silvana Castro (profesora do IES de Ames e membro da Xunta Directiva da Mesa) e Carlos Callón (autor e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística).




