Pestanas principais

Presentación do libro “... e os domingos, un croissant. Diario dun encontro coa vida”, da escritora Úrsula Heinze de Lorenzo

Mércores, 15 de xuño de 2016

[15-06-2016] O Concello de Ames e Alvarellos Editora convidan á veciñanza amesá á presentación do libro “... e os domingos, un croissant. Diario dun encontro coa vida”, da escritora Úrsula Heinze de Lorenzo. O acto de presentación terá lugar no Pazo da Peregrina, de Bertamiráns, este xoves, 16 de xuño, ás 20:30 horas. Participarán a autora do libro, Úrsula Heinze, o concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, e mailo mestre, Francisco Villaverde. Este acto contará coa actuación da pianista Anne Tooming.