[27-08-2014] Este sábado, 30 de agosto, remata unha nova edición do servizo municipal de bibliopiscinas cunha gran festa na que haberá xogos, inchables e festa da espuma. Esta festa, que está organiza polo Concello de Ames a través da Concellaría de Educación, está dirixida a todos os nenos e nenas que empregaron este servizo durante as tardes de verán tanto nas piscinas descubertas do Milladoiro e de Bertamiráns coma na praia fluvial de Tapia. Este servizo ofreceuse durante os meses de xullo e de agosto e está sendo empregado por un gran número de nenos/as e adultos. Tan só durante o pasado mes de xullo máis de 4.000 persoas empregaron este servizo.
Alta participación de nenos/as e adultos
Este servizo ofreceuse durante os meses de xullo e de agosto e foi empregado por un gran número de nenos/as e adultos. Segundo os datos recollidos nas bibliopiscinas, un total de 2.837 persoas, tanto adultas como nenos ou nenas, empregaron durante o mes de xullo este servizo. A este total habería que engadirlle as persoas que participaron nos obradoiros e contacontos, que foron 1.336 persoas. A inmensa maioría dos asistentes ás bibliopiscinas foron nenos/as menores dos 9 anos.
É coñecida a importancia de acostumarse á lectura e por iso o Concello de Ames impulsa iniciativas coma a das bibliopiscinas para que os nenos e nenas asocien a lectura non só coas horas de estudo, senón tamén coas de lecer. Para esquecerse da rutina do curso e dos estudos os rapaces e rapazas puideron gozar de contacontos que fixeron voar as súa imaxinación durante este verán.
Este servizo que o Concello de Ames prestou un ano máis está dirixido a todo o público sendo unicamente requisito contar cun carné municipal para poder acceder aos servizos de préstamo de libros a toalla e a domicilio. Todos os demais servizos son de acceso libre. As bibliopiscinas estiveron abertas ao público nos meses de xullo e agosto. En Bertamiráns e no Milladoiro o horario é de luns a venres de 16:00 horas a 20:00 horas. En Tapia o horario é o mesmo, dende as 16:00 h ata as 20:00 horas, pero de martes a domingo (os luns están pechadas por descanso do persoal). Ademais, estivo aberto os días festivos.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, preparou un amplo programa de actividades para a festa de clausura das bibliopiscinas. A praia fluvial de Tapia acollerá o peche dunha nova edición deste servizo municipal. A partir das 16:30 horas haberá todo tipo de actividades lúdicas como obradoiros, actividades de manualidades, etc. Ao mesmo tempo, os nenos e nenas que se acheguen ata a praia fluvial de Tapia poderán entreterse xogando nos inchables que estarán instalados nesta zona.
Pero as actividades estrelas da tarde serán a festa da espuma e un tobogán inchable que se instalará na praia fluvial de Tapia, ao carón do río Tambre, para que os nenos e nenas se poidan deslizar por encima del e caer na auga. Todos os xogos que se desenvolvan estarán organizados segundo a idade dos participantes.
Todas estas actividades están organizadas polo Concello de Ames a través da Concellaría de Educación. Os xogos estarán supervisados e serán realizados por varios monitores/as da empresa amiense Vagalume, que se encargou de desenvolver o servizo de bibliopiscinas durante os meses de xullo e agosto. Cómpre salientar que este servizo está sendo impartido por persoal amiense que forma parte da empresa Vagalume. Ademais, este ano 6 mozos/as voluntarios/as colaboraron no servizo de bibliopiscinas a través do programa “Ambientando o lecer”, que inclúe actividades lúdicas e ambientais para a infancia e a mocidade durante os meses de verán.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "Fiesta de despedida de las Bibliopiscinas en Ames"
El Correo Gallego: "Tapia despide con hinchables y espuma las bibliopiscinas"




