Pestanas principais

Ponse en marcha o programa de apoio escolar no verán da Oficina de Voluntariado de Ames

Mércores, 13 de agosto de 2014

[13-08-2014] O Concello de Ames, a través da Oficina de Voluntariado de Ames (OVA) e do departamento de Educación Familiar, puxo en marcha unha nova edición do programa de apoio escolar no verán, que está dirixido a nenos e nenas en risco de exclusión social. Neste programa participan rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos con algunha problemática social ou familiar asociada que repercute no seu atraso escolar. Os nenos/as que participan neste programa están derivados do departamento municipal de servizos sociais.


O Concello de Ames, a través da Oficina de Voluntariado de Ames (OVA), puxo en marcha unha nova edición do proxecto de apoio escolar no verán para menores en risco de exclusión social. O programa está destinado a nenos e nenas en idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos con algunha problemática social ou familiar asociada que repercuta no seu atraso escolar.

A través deste programa, as voluntarias axúdanlles aos nenos/as a facer as diferentes tarefas que lle encomendaron no colexio, así como a profundizar naquelas materias onde teñan máis dificultades e necesidades. Este programa desenvolverase durante o mes de agosto e parte do mes de setembro na Casa da Cultura de Bertamiráns. Este proxecto, ademais de incluír o apoio escolar, tamén pretende ensinar aos nenos e ás nenas a empregar o seu tempo de lecer dunha maneira máis proveitosa.

Os rapaces e rapazas contan con tres voluntarias que durante tres días á semana son os encargados de axudar a estes nenos/as coas materias escolares e coas tarefas encomendadas, baixo a supervisión e o apoio de técnicos dos departamentos de educación familiar e voluntariado. Dependendo das necesidades do alumnado de cada un dos grupos, as clases deste programa impártense en diferentes días e horarios.

Ao dispor de grupos reducidos, os rapaces e rapazas que participan neste programa reciben unha atención directa e personalizada. Unha das voluntarias encárgase do alumnado da ESO, outra impártelle clases aos nenos e nenas de primaria, e unha terceira leva a cabo un programa de animación á lectura, que tamén está dirixido aos alumnos/as de educación primaria.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Voluntarios amienses ofrecen clases de apoyo escolar a niños en riesgo de exclusión"