Martes, 22 de febreiro de 2011
[22-02-2011] Xogar coas palabras, coa expresión oral, coa creación de suxestivos espazos sonoros e, sobre todo, dinamizar o uso do galego entre a mocidade amesá a través da reflexión colectiva sobre a nosa realidade sociolingüística son os obxectivos do Concurso de Teatro Radiofónico Lido que poñen en marcha os departamentos de Normalización Lingüística, Mocidade e Comunicación do Concello de Ames, en colaboración co Equipo de Dinamización lingüística do IES de Ames. O prazo para a inscrición dos grupos está aberto ata o 4 de marzo.





