Pestanas principais

Ponse a disposición da veciñanza o servizo de transporte adaptado durante a xornada electoral do 23 de xullo

Mércores, 12 de xullo de 2023

O Concello de Ames pon a disposición das persoas con dificultade de mobilidade un vehículo especialmente habilitado para que poidan participar nas eleccións xerais que se celebran o domingo 23 de xullo de 2023. As persoas interesadas deberán poñerse en contacto co persoal da Oficina de Voluntariado de Ames chamando ao teléfono gratuíto 900 204 000, en horario de 9:00 h a 14:00 horas, ata o xoves 20 de xullo, para facer a reserva do servizo. O transporte adaptado ofrece o servizo de recollida no seu domicilio, transporte ata a mesa electoral e regreso ao seu domicilio. Consulta o bando informativo premendo nesta ligazón. 

O Concello de Ames dispón dun vehículo especialmente habilitado para o transporte de persoas con dificultade de mobilidade e que se atopará o próximo domingo, 23 de xullo, a disposición de todos os veciños e veciñas de Ames para facilitar o exercicio do dereito ao voto.

As persoas interesadas en empregar o transporte adaptado municipal, deberán poñerse en contacto coa Oficina do Voluntariado, chamando ao teléfono 900 204 000, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ata o xoves 20 de xullo, e facer a reserva do mesmo. O transporte adaptado ofrece o servizo de recollida no domicilio, o transporte ata a mesa electoral e o posterior regreso de novo ao domicilio.

Con este servizo de transporte, o Concello de Ames pretende, unha vez máis, facilitar as actividades da vida cotiá e, neste caso, o exercicio do dereito democrático ao voto, a todos os veciños e veciñas afectados por unha discapacidade que lles impide desprazarse en vehículo propio ou transporte público non adaptado.

Novas relacionadas:

AMS GO!: "O Concello habilita un vehículo adaptado para as eleccións do domingo 23"

Imaxe de arquivo do transporte adaptado