[01-02-2012] Para impedir a permanencia indefinida nas rúas de vehículos inservibles ou abandonados, a Policía local xestiona o servizo de vehículos abandonados e control de depósito. O número de expedientes abertos durante o 2011 por abandono foi de 100. Retiráronse 88 vehículos, dos cales 70 foron sacados da vía pública polos seus titulares e 18 retirados co guindastre. Para os 12 restantes segue o expediente en curso. Durante o ano 2011, o guindastre realizou un total de 62 intervencións neste senso e outras para retirar vehículos que entorpecían a circulación doutros usuarios/as. Isto supón que durante 2011 o guindastre realizou 4 intervencións menos que en 2010.
O proceso que segue a Policía local para retirar aqueles vehículos que están abandonados na rúa é longo e require unha serie de formalidades necesarias para cumprir coa lexislación vixente en materia de seguridade viaria. A través da vixilancia e do control diario, os e as axentes municipais van detectando a existencia de coches que parecen atoparse en estado de abandono. Noutros casos son os propios veciños e veciñas da zona os que se dirixen aos axentes para avisar da presenza dun vehículo supostamente abandonado.
Para iniciar os trámites de retirada dun vehículo aparentemente abandonado ten que cumprirse algunha das condicións contempladas na Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria. Hai que ter en conta que esta lei foi modificada é pódese proceder á retirada dun vehículo da vía pública sempre que constitúa perigo, cause graves perturbacións á circulación de vehículos ou peóns, deteriore algún servizo ou patrimonio público ou para poder levar a cabo algún servizo, como por exemplo o de limpeza urbana.
Cada vez que a Policía local atopa un vehículo que pode estar en estado de abandono emite unha acta de observación de vehículo abandonado que se arquiva pero non se notifica. Pasado un mes, vólvese a comprobar que o vehículo se atopa no mesmo lugar e envíaselle unha primeira comunicación ao titular do vehículo para que proceda a súa retirada. Unha vez transcorreron 15 días se o propietario non retirou o vehículo retírase ao depósito. Unha vez que o vehículo foi trasladado ao depósito o propietario dispón de dous meses para retiralo deste lugar e en caso que non sexa así o vehículo será considerado como un residuo sólido urbano e chámase a un centro autorizado para o desmantelamento de vehículos (Centro Autorizado de Tratamento) para a súa descontaminación e destrución.
Vehículos retirados en 2011
Durante o ano 2011 abríronse un total de 100 expedientes por abandono de vehículos na vía pública. Destes 100 vehículos retiráronse un total de 88, dos cales 70 foron retirados polos seus titulares e 18 retirados polo guindastre. O expediente segue aberto para os 12 restantes.
O traballo preventivo e de vixilancia, supuxo a corrección de vehículos, que se ben os propietarios non o consideran como abandonado, a súa longa permanencia implica moi pouca mobilidade no racionamento do parque móbil do concello. Nalgúns casos, antes de abrir o correspondente expediente, son os propios titulares do vehículo os que retiran o coche do lugar onde estaba estacionado. Isto é posible, sempre e cando, se localiza ao propietario ou se consegue localizar un familiar, ou persoa achegada ao titular do vehículo.
Os propietarios que consideran que o seu vehículo chegou ao final da súa vida útil e queiran dalo de baixa, poden utilizar tamén o servizo de entrega e renuncia. Neste caso o procedemento redúcese notoriamente no tempo e non supón ningún gasto para o propietario.
Intervencións do guindastre
Durante o ano 2011 o guindastre realizou un total de 62 intervencións neste senso e outras para retirar vehículos que entorpecían a circulación doutros usuarios/as. Isto supón que durante 2011 o guindastre realizou 4 intervencións menos que en 2010. De todos os xeitos, é un servizo que se presta en situacións nas que se obstaculiza de xeito grave a circulación. Normalmente, son os propios veciños/as os que avisan á Policía local para notificar a imposibilidade de poder circular con normalidade, e posteriormente son os axentes amienses os que chaman ao guindastre. Na maioría dos casos os vehículos que entorpecen a circulación están estacionados diante da entrada de garaxes, nas rúas que se celebra o mercado municipal ou en prazas de carga e descarga.
Contido relacionado

El Correo Gallego: "Ames detecta cien coches abandonados y ya retiró 18"




