Pestanas principais

A Policía Local retirará nove vehículos que están abandonados na vía pública

Domingo, 06 de febreiro de 2011

[06-02-2011] O alcalde de Ames, Carlos Fernández, vén de asinar nove decretos mediante os que se dá orde aos axentes da Policía local para que retiren nove vehículos que están abandonados na vía pública. Estes vehículos atópanse abandonados nas rúas do Rego, Rosalía de Castro, Agriños, Eira de Abaixo e Travesía do Porto, pertencentes ao núcleo urbano do Milladoiro, na rúa Murada de Bertamiráns e na estrada de Lapido. Unha vez pase un mes no depósito comunicaráselle aos propietarios destes vehículos que se non os retiran serán declarados residuos sólidos urbanos e chamarase a un desguace autorizado (Centro Autorizado de Tratamento) para a súa descontaminación e destrución.

O proceso que segue a Policía local para retirar aqueles vehículos que están abandonados na rúa é longo e require unha serie de formalidades necesarias para cumprir coa lexislación vixente en materia de seguridade viaria. A través da vixilancia e do control diario, os e as axentes municipais van detectando a existencia de coches que parecen atoparse en estado de abandono. Noutros casos son os propios veciños e veciñas da zona os que se dirixen aos axentes para avisar da presenza dun vehículo supostamente abandonado.

Para iniciar os trámites de retirada dun vehículo aparentemente abandonado ten que cumprirse algunha das condicións contempladas na Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria. Hai que ter en conta que esta lei foi modificada é agora pódese proceder a retirada dun vehículo da vía pública sempre que constitúa perigo, cause graves perturbacións á circulación de vehículos ou peóns, deteriore algún servizo ou patrimonio público ou para poder levar a cabo algún servizo, como por exemplo o de limpeza urbana.

Cada vez que a Policía local atopa un vehículo que pode estar en estado de abandono emite unha acta de observación de vehículo abandonado que se arquiva pero non se notifica. Pasado un mes vólvese a comprobar que o vehículo se atopa no mesmo lugar e envíaselle unha primeira comunicación ao titular do vehículo para que proceda a súa retirada. Unha vez transcorreron 15 días se o propietario non retirou o vehículo retírase ao depósito.

O alcalde de Ames, Carlos Fernández, vén de asinar nove decretos mediante os que se dá orde aos axentes da Policía local para que retiren nove vehículos que están abandonados na vía pública. Estes vehículos atópanse abandonados nas rúas do Rego, Rosalía de Castro, Agriños, Eira de Abaixo e Travesía do Porto, pertencentes ao núcleo urbano do Milladoiro, na rúa Murada de Bertamiráns e na estrada de Lapido.

Debido a que os propietarios non procederon a retirada do vehículo, a Administración local de acordo co que regulamentariamente se determina neste casos, viuse obrigada a sacar estes coche da vía pública tendo en conta que permaneceron estacionados por un período superior a un mes no mesmo lugar e presentan signos de abandono segundo se recolle na lexislación de seguridade viaria. Agora os propietarios teñen o prazo de dous meses para retiralos deste lugar e en caso que non sexa así o vehículo será considerado como un residuo sólido urbano.

Unha vez os vehículos están no depósito envíaselle unha segunda comunicación ao propietario advertíndolle que, de non se retira o vehículo do depósito no prazo dun mes, trasladarase a un Centro Autorizado de Tratamento (CAT). No caso de que non se retire o vehículo é declarado resido sólido urbano e chámase a un desguace autorizado (Centro Autorizado de Tratamento) para a súa descontaminación e destrución.

Segundo o alcalde de Ames, Carlos Fernández, "os axentes municipais están pendentes diariamente nas súas patrullas non só da seguridade dos amienses, senón tamén de favorecer e garantir a seguridade viaria, eliminando das nosas rúas aqueles coches abandonados. Moitas veces a percepción que ten a veciñanza é que non se están retirando os vehículos coa axilidade que a eles lles gustaría, por iso deben saber que os trámites son longos e que hai que cumprir con todas as formalidades establecidas".

A nova noutros medios dixitais:

Contido relacionado


El Correo Gallego: "Ordenan retirar 9 coches abandonados en Ames"
El Correo Gallego: "Ordenan retirar 9 coches abandonados en Ames"
La Voz de Galicia: "La Policía Local amiense retira nueve vehículos abandonados en las vías públicas"
La Voz de Galicia: "La Policía Local amiense retira nueve vehículos abandonados en las vías públicas"