Pestanas principais

A Policía Local non emitiu ningún aviso sobre a existencia dunha banda organizada que estea operando en Ames

Martes, 19 de novembro de 2013

[19-11-2013] Nas últimas horas publicáronse nas redes sociais varias mensaxes de alarma sobre unha banda organizada que se dedica a roubar nas casas enganado aos seus propietarios coa venta de diferentes colonias e perfumes. Estas mensaxes tamén se distribuíron por mensaxería entre a veciñanza. Tendo en conta iso a Policía Local quere aclarar que dende este corpo de seguridade non se emitiu ningún aviso sobre a existencia dunha banda organizada que estea operando en Ames. A Policía Local trasládalle unha mensaxe de tranquilidade aos veciños e veciñas amienses, xa que está traballando para detectar este tipo de prácticas no caso de producirse.