Pestanas principais

A Policía Local levará a cabo controis de velocidade esta semana

Luns, 22 de agosto de 2016

[22-08-2016] Esta semana a Policía Local amesá adhírese unha campaña da Dirección Xeral de Tráfico de vixilancia e control da velocidade. Os controis levaranse a cabo en distintos puntos de Bertamiráns e do Milladoiro entre os días 22 e 28 de agosto. Para isto a os axentes municipais cotan cun vehículo, cedido pola propia DXT, equipado cun radar e cun etilómetro para levar a cabo controis de alcoholemia.

O Concello de Ames colabora así con esta campaña da DXT que busca concienciar da importancia de circular á velocidade indicada, especialmente en espazos urbanos nos que distintos tipos de vehículos- automóbiles, motocicletas, bicicletas- comparten espazo cos peóns. A velocidade ten ademais un impacto negativo no medioambiente, xa que ao aumentar esta fano tamén os gases nocivos e emiten os vehículos, así como o nivel de ruído que producen, e na calidade de vida das zonas urbanas. Cada ano, alerta a DXT, falecen nas estradas máis de 300 persoas, en accidentes nos que a causa foi o exceso de velocidade. Conducir a unha velocidade adecuada, calcula o organismo, evitaría unha cuarta parte dos sinistros que se producen cada ano.

Contido relacionado


El Correo Gallego:"La Policía de Ames vigilará la velocidad esta semana"
La Voz de Galicia:" La policía hará hasta el día 28 controles de velocidad"