Pestanas principais

A Policía local intensifica os controis en colaboración coa Garda Civil para dotar o concello de maior seguridade

Mércores, 07 de setembro de 2011

[07-09-2011] A Policía local dá conta dalgunhas actuacións que desenvolveu durante as últimas semanas. Este corpo de seguridade realiza os seus labores co fin de garantir o benestar de toda a veciñanza amesá. . Os axentes do corpo de seguridade de Ames procederon á detención dun rapaz que lle roubara un bolso a unha moza na zona de Brión o pasado 28 de agosto. Neste mesmo mes foi denunciada o roubo dun móbil a unha menor e feitas as investigacións oportunas o corpo de seguridade localizou ao suposto autor. Na madrugada do día 13 de agosto, un condutor foi denunciado por estar baixo a influencia de bebidas alcólicas, dando un resultado de 1,10 mg/l, do mesmo xeito nas últimas semanas houbo varias denuncias administrativas por alcolemia ao volante, en concreto o 14 de agosto un mozo daba 0,63 mg/l, o 16 tamén se denunciou un condutor por ter unha taxa de 0,64 e o 14 do mesmo mes outro mozo conducía cunha taxa de 0,63.

Durante o pasado mes de agosto, a Policía local realizou 28 atestados por intento de entrada en vivendas, danos en vehículos, varios furtos, alcolemias positivas, lesións ou ameazas entre outros e 11 dilixencias por asistencia en accidentes de tráfico. Por outra banda, a seguridade viaria segue a ser unha prioridade para a Policía local de Ames, que traballa para concienciar a cidadanía da importancia de non conducir baixo os efectos do alcol nin as drogas.

Tal e como se acordara na pasada Xunta Local de Seguridade estase a intensificar a coordinación entre os corpos de Seguridade do Estado e a Policía local para maior seguridade. En xeral as actuacións que realiza a Policía local de Ames son os servizos de patrulla, atención aos veciños e veciñas sobre os problemas ou necesidades que lles poidan xurdir, colaboración con departamentos do Concello como o de Medio Ambiente, Urbanismo ou Obras, así coma atender as chamadas do 112 entre outras.



Contido relacionado


La Voz de Galicia: "La Policía Local de Ames cursó en agosto 28 atestados por robos y faltas"
El Correo Gallego: "La colaboración de la Policía de Ames con la Benemérita propicia arrestos"