Pestanas principais

A Policía Local informa da entrega dun audífono atopado no mes de setembro en Bertamiráns

Martes, 04 de outubro de 2016

[04-10-2016] O martes 27 de setembro, a última hora da mañá, foi entregado na oficina da Policía Local de Ames un audífono. Foi atopado na esquina da Avenida da Peregrina coa Avenida da Maía, en Bertamiráns. As autoridades locais informan de que a persoa que o perdeu pode recollelo nas propias oficinas, na rúa Alcalde Lourenzo en Bertamiráns. Para máis información pódese chamar ao teléfono 619767575.