[19-08-2016] O Concello de Ames informa á veciñanza de que o luns, día 22 de agosto, o estacionamento na avenida da Peregrina estará prohibido entre as 8:00 horas e as 22:00 horas.. A Policía Local impedirá aos vehículos estacionar no treito comprendido entre a rotonda Bertamiráns Norte e a rotonda que conecta a avenida coa Autovía de Brión (AG-56).O motivo desta prohibición son as obras que acondicionamento da avenida que comezarán o mesmo luns 22 de agosto. O prazo da intervención estímase en catro días, entre o luns 22 e o xoves 25 de agosto. A Policía Local permitirá o estacionamento na avenida a medida que as obras avancen. Aínda que non se prevé o impedimento da circulación de vehículos solicítase aos e ás condutoras a súa colaboración extremando a precaución.