Pestanas principais

A Policía Local de Ames recomenda extremar as precaucións ante supostos instaladores de gas que intentan roubar obxectos de valor nas casas

Luns, 14 de abril de 2014

[14-04-2014] O corpo de seguridade amiense alerta sobre un posible engano, que están levando a cabo varias persoas que se fan pasar por instaladores de gas. Estas persoas sempre operan en grupos de dous e intentan enganar a persoas maiores que viven soas. Para entrar nas súas casas utilizan a escusa de que teñen que revisar as instalacións do gas. Unha vez dentro, mentres un entretén á persoa que lles abre a porta, o outro, alegando que vai revisar as instalacións do gas, ponse a buscar obxectos de valor co fin de roubalos. Dende o Concello de Ames faise un chamamento á veciñanza amiense, para que estean alerta ante estes posibles enganos. Poden contactar coa Policía Local, a través do teléfono 619 76 75 75, ou coa Garda Civil do Milladoiro chamando ao 062.

Dende a Policía Local de Ames detectaron varios intentos de engano nos últimos días. Trátase dun grupo de persoas que se fan pasar por operarios dunha empresa de gas e indícanlle á veciñanza que teñen que revisar as instalacións do gas. Estes presuntos operarios soen presentar o carné de instalador de gas para ganarse a confianza dos veciños e veciñas.

Estas persoas sempre operan en grupos de dous e intentan enganar a persoas maiores que viven soas. Para entrar nas súas casas utilizan a escusa de que teñen que revisar as instalacións do gas. Unha vez dentro, mentres un entretén á persoa que lles abre a porta, o outro, alegando que vai revisar as instalacións do gas, ponse a buscar obxectos de valor co fin de roubalos. A Policía Local de Ames recomenda non perder nunca de vista aos dous operarios, que supostamente van a revisar as instalacións do gas, para evitar a subtracción de obxectos de valor.

O Concello de Ames recoméndalle á veciñanza que estea alerta e que se teñen algunha dúbida sobre a autenticidade dos operadores que se presentan nos seus fogares que chamen á Policía Local, a través do teléfono 619 76 75 75, ou á Garda Civil do Milladoiro marcando o 062. No caso de que algún veciño/a caia neste presunto engano debe avisar o máis axiña posible á Policía Local para evitar que se produzan novos casos.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "La Policía de Ames atendió 111 accidentes el año pasado, 32 menos que en el 2012"