Pestanas principais

A Policía Local de Ames realizou preto de 500 probas na campaña especial sobre control da taxa de alcol e presencia de drogas en condutores

Martes, 19 de decembro de 2017

[19-12-2017] O Concello de Ames colaborou coa Dirección Xeral de Tráfico no desenvolvemento da campaña especial de vixilancia e control de alcol e drogas, que se levou a cabo entre os días 11 e 17 de decembro. Os axentes da Policía Local de Ames realizaron 465 controis de alcol e drogas. Entre as probas realizadas, 5 condutores deron positivo o que representa un 1% dos condutores aos que se lle realizaron ditos controis. Ademais, os axentes proporcionáronlle información aos condutores sobre a necesidade de conducir sen inxerir ningún tipo de bebida alcohólica ou substancia estupefaciente.

A principal razón da posta en marcha deste tipo de campañas de vixilancia e control, que neste caso se desenvolveu entre os días 11 e 17 de decembro, é que o aumento dos controis preventivos é un dos factores que está a favorecer un cambio de comportamento dos cidadáns sobre esta materia. Durante os sete días que durou esta campaña, que puxo en marcha a Dirección Xeral de Tráfico, os axentes da Policía Local de Ames reforzaron os controis de alcol e drogas nas estradas do municipio e nos núcleos urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro.

En total, realizáronse 465 controis repartidos en sete días (o primeiro día non realizaron controis; o segundo día 55; o terceiro día 35; o cuarto día 95; o quinto día 120; o sexto día 70; e o sétimo e último día 90). Entre as probas realizadas, 3 condutores deron positivo por superar a taxa de 0,25 mg/l, e 2 persoas deron positivo por ter unha taxa superior a 0,60 miligramos por litro de aire expirado ou 1,2 gramos por litro de sangre. Ademais, os axentes proporcionáronlle información aos condutores sobre a necesidade de conducir sen inxerir ningún tipo de bebida alcohólica ou substancia estupefaciente.