Pestanas principais

A Policía Local de Ames realizou preto de 300 probas na campaña especial sobre control da taxa de alcol e presencia de drogas en condutores

Xoves, 22 de decembro de 2016

[22-12-2016] O Concello de Ames colaborou coa Dirección Xeral de Tráfico no desenvolvemento da campaña especial de vixilancia e control de alcol e drogas, que se levou a cabo entre os días 12 e 18 de decembro. Os axentes da Policía Local de Ames realizaron 274 controis de alcol e drogas. Entre as probas realizadas, 5 condutores deron positivo por superar a taxa de 0,25 mg/l, e unha persoa deu positivo no control de drogas por consumo de cannabis. Ademais, os axentes proporcionáronlle información aos condutores sobre a necesidade de conducir sen inxerir ningún tipo de bebida alcohólica ou substancia estupefaciente.

A principal razón da posta en marcha deste tipo de campañas de vixilancia e control, que neste caso se desenvolveu entre os días 12 e 18 de decembro, é que o aumento dos controis preventivos é un dos factores que está a favorecer un cambio de comportamento dos cidadáns sobre esta materia. Durante os sete días que durou esta campaña, que puxo en marcha a Dirección Xeral de Tráfico, os axentes da Policía Local de Ames reforzaron os controis de alcol e drogas nas estradas do municipio e nos núcleos urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro.

En total, realizáronse 274 controis repartidos en sete días (o primeiro día 45; o segundo día 40; o terceiro día 88; o cuarto día 0; o quinto día 51; o sexto día 31; e o sétimo e último día 19). Probas de alcol fixéronse 273, mentres que probas de drogas levouse a cabo 1. Entre as probas realizadas, 5 condutores deron positivo por superar a taxa de 0,25 mg/l, e unha persoa deu positivo no control de drogas por consumo de cannabis.