Pestanas principais

A Policía Local de Ames pon en marcha un dispositivo especial para garantir a seguridade no inicio do curso escolar

Luns, 08 de setembro de 2014

[08-09-2014] Con motivo do inicio do curso escolar 2014-2015, o Concello de Ames e a Policía Local colaboran para poñer en marcha un dispositivo especial de tráfico que facilite o traslado e acceso dos nenos e nenas aos centros escolares do municipio o vindeiro mércores, 11 de setembro. Paralelamente, entre os días 8 e 14 deste mes de setembro, a Policía Local adhírese á campaña especial da Dirección Xeral de Tráfico sobre o uso do cinto e dos sistemas de retención infantil. A Policía Local prégalle ás familias dos escolares que acudan con tempo suficiente aos centros e que busquen sitio para aparcar nas inmediacións, de xeito que se podan evitar os atascos á porta dos colexios moi frecuentes no primeiro día de clase.

Con motivo do inicio do curso escolar 2014-2015, o Concello de Ames e a Policía Local colaboran para poñer en marcha un dispositivo especial de tráfico que facilite o traslado e acceso dos nenos e nenas aos centros escolares do municipio o vindeiro mércores, 11 de setembro. Paralelamente, entre os días 8 e 14 deste mes de setembro, a Policía Local adhírese á campaña especial da Dirección Xeral de Tráfico sobre o uso do cinto e dos sistemas de retención infantil. A Policía Local prégalle ás familias dos escolares que acudan con tempo suficiente aos centros e que busquen sitio para aparcar nas inmediacións, de xeito que se podan evitar os atascos á porta dos colexios moi frecuentes no primeiro día de clase.

Dez axentes da Policía Local de Ames situaranse nas inmediacións dos centros educativos nas horas de entrada e de saída co obxectivo de facer máis doado o inicio do curso escolar e o traslado por parte dos pais e nais dos alumnos e alumnas. Segundo a Policía Local nese primeiro día de clase, increméntase considerablemente con respecto ao resto do curso, o número de familias que levan aos seus fillos e fillas á clase no seu coche particular, situación que provoca numerosos atascos e retencións á porta dos colexios. Por este motivo, a Policía Local recomenda ás familias que acudan co tempo suficiente para atopar aparcamento nas inmediacións e evitar as colas e dobres filas que dificultan o tráfico e provocan frecuentes atascos nese primeiro día de clase.

Campaña sobre o uso do cinto e dos sistemas de retención infantil

Paralelamente a estas actuacións, A Policía Local de Ames adheriuse á campaña especial sobre o uso do cinto e dos sistemas de retención infantil que leva a cabo a Dirección Xeral de Tráfico entre os días 8 e 14 deste mes de setembro. Este tipo de campañas lévase a cabo durante todo o ano e increméntase nestes días de inicio do curso escolar. Trátase de comprobar se os condutores e acompañantes empregan correctamente o cinto de seguridade e os sistemas de retención infantil, no caso de ir acompañados por nenos/as. No marco destes controis, os axentes proporciónanlle información aos condutores sobre a necesidade de empregar estes sistemas de seguridade, que reducen de xeito considerable o risco de morte en caso de accidente de tráfico.

Segundo os datos da Dirección Xeral de Tráfico, o emprego do uso do cinto de seguridade reduce á metade o risco de morte en caso de accidente, mentres que os sistemas de retención infantil evitan nove de cada dez lesións infantís graves ou mortais. Na actualidade, os datos mostran que as lesións por accidente de tráfico seguen sendo a primeira causa de morte nos nenos maiores de 4 anos.