Pestanas principais

A Policía Local de Ames informa aos veciños e veciñas de cortes de tráfico na Travesía do Porto con motivo das Festas da Madalena

Xoves, 02 de agosto de 2012

[02-08-2012] Con motivo da celebración das festas da Madalena no Milladoiro, a Policía Local de Ames informa aos veciños e veciñas de que se producirán cortes de tráfico na Travesía do Porto para facilitar o desenvolvemento das actividades.Estas actuacións enmárcase na colaboración que, como todos os anos, levan a cabo a Policía Local e a Comisión de Festas da Madalena. Os axentes recomendan evitar o paso por esta rúa durante a fin de semana.