Pestanas principais

A Policía Local de Ames imputou en outubro dez delitos contra a seguridade viaria e outras infraccións

Xoves, 03 de novembro de 2016

[03-11-2016] Ao longo do mes de outubro a Policía Local de Ames realizou oito intervencións relacionadas con delitos contra a seguridade viaria, unha nun caso de violencia de xénero e outra nun presunto delito de furto En cinco das imputacións as persoas ao volante conducían baixo os efectos do alcohol, negándose nun dos casos a realizar o test de alcoholemia. Nos outros tres delitos de circulación as persoas condutoras carecían do permiso. No Milladoiro un home foi detido tras unha denuncia por violencia de xénero por parte da súa ex-parella, e o 1 de outubro detívose a unha persoa por delito de furto.

As patrullas de vixilancia e control da policía municipal amesá interviron neste mes de outubro en oito ocasións. O primeiro delito tivo contra a seguridade viaria deste mes tivo lugar o 1 de outubro, cando axentes policiais detectaron á media noite no Milladoiro un vehículo cuxa persoa condutora carecía de permiso. Este perdera a vixencia por resolución xudicial. Outro caso similar tivo lugar o 20 de outubro no lugar de Pousada, onde unha patrulla deu o alto a un vehículo no que a persoa ao volante carecía de permiso. Os datos dunha das persoas acompañantes indicaron que tiña unha requisitoria de detención e personificación nos xulgados de Santiago de Compostela, polo que se levaron a cabo as dilixencias pertinentes. O 21 de outubro outra patrulla interceptou no Milladoiro a unha persoa conducindo un vehículo cun permiso que perdera a vixencia, tamén por resolución da Xefatura Provincial de Tráfico, ademais de constar nos seus datos unha requisitoria do Corpo Nacional de Policía, para a que se realizaron as xestións necesarias.

Cinco dos delitos imputados no mes de outubro están relacionados coa condución baixo os efectos de bebidas alcohólicas. O 8 de outubro unha patrulla da Policía Local intercepta no Milladoiro a unha persoa ao volante que, ao atoparse co vehículo policial, tratou de fuxir. Unha vez dado o alto e trala identificación realízaselle unha primeira proba cun etilómetro de muestreo, cando un resultado de 0,53 mg/l. Nas dependencias policiais a persoa detida négase a someterse a outra proba, xa cun etilómetro de precisión, polo que se lle imputa un delito contra a seguridade viaria. O 11 de outubro un veciño do Milladoiro alerta da presenza dun vehículo circulando a gran velocidade, ao que se lle da o algo na rúa das Oliveiras. Realizado o control de alcoholemia compróbase que a persoa condutora circula baixo os efectos do alcohol.

O día 14 de outubro ten lugar, de madrugada, un accidente de circulación. A persoa siniestrada é trasladada ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela (CHUS), onde despois de comprobar o seu estado de saúde se lle practica unha proba de alcoholemia. O resultado da proba é positivo. Tamén o día 22 de outubro se intercepta de madrugada, na Avenida da Maía, unha persoa ao volante con signos de embriaguez, e cuxo test de alcoholemia deu así mesmo resultado positivo. Ambas foron imputadas por delitos contra a seguridade viaria.

Ademais o pasado 1 de outubro detívose a unha persoa na rúa Anxeriz do Milladoiro por un presunto delito de furto. Este persoa presuntamente rouboulle a carteira a un dos taxistas do Milladoiro e despois, segundo indicaron varios veciños desta localidade, comezou a repartir billetes entre as persoas viandantes. Para rematar o día 12 de outubro axentes da Policía Local recibiron a alerta dunha veciña de Bertamiráns, por unha presunta ameaza da súa exparella. No lugar dos feitos detense ao presunto agresor, que é trasladado ao cuartel da Garda Civil no Milladoiro e posto a continuación a disposición xudicial.

Contido relacionado


La Voz de Galicia:" La policía amiense tramitó ocho delitos contra la seguridad vial"
El Correo Gallego:"Robos con destrozos en la zona histórica de Negreira y balance delictivo amiense"