Pestanas principais

A Policía Local de Ames imputou en outubro cinco delitos contra a seguridade viaria

Luns, 10 de novembro de 2014

[10-11-2014] A seguridade viaria segue a ser unha prioridade para a Policía Local de Ames. Deste xeito, o corpo de seguridade amiense imputou no mes de outubro cinco delitos contra a seguridade viaria, a maior parte deles por alcoholemia ou condución sen o correspondente permiso. Ademais, imputáronse varios delitos por tentativa de furto e por conducir sen a correspondente licencia.

A Policía Local de Ames imputou cinco delitos contra a seguridade viaria no mes de outubro. O primeiro suceso tivo lugar o 16 de outubro no Milladoiro. Os membros da Policía Local detectaron a un condutor que circulaba pola Avenida Rosalía de Castro que circulaba se contar co permiso de conducir regulamentario.

O segundo suceso detectouse o pasado 18 de outubro, neste caso en Bertamiráns. Os axentes detectaron na Avenida da Maía unha motocicleta que circulaba coas luces apagadas e en zig zag. Ademais, o condutor ía sen o casco de protección correspondente. Tras darlle o alto, a Policía abriulle expediente por un delito contra a seguridade viaria consistente na negativa a someterse ás probas de alcoholemia e por atentado contra axente da autoridade.

O terceiro caso produciuse o 21 de outubro no Milladoiro, cando os axentes acudiron tras unha chamada do 112 debido á presenza de dous individuos que tentaban roubar un vehículo. Os autores foron localizados grazas á colaboración cidadá.

Outro caso detectouse o 26 de outubro, cando a Policía observou a un vehículo circulando pola Travesía do Porto do Milladoiro coas luces apagadas. Unha vez parado o turismo, procedeuse a comprobar que o condutor carecía de permiso de conducir.

Na noite do 31 de outubro, levouse a cabo un control preventivo na Avenida da Maía de Bertamiráns. No marco deste operativo, detectouse a un condutor que presentaba evidentes síntomas de encontrarse baixo os efectos do alcohol. Na proba de alcoholemia, o condutor deu como resultado 0,83 ml de alcohol en aire e expirado e un 0,75 na segunda, sendo citado para a realización de xuízo rápido. Esa mesma noite detectouse a outro condutor que tamén deu positivo na proba de alcoholemia.

Control de semáforos
Nas vindeiras xornadas, a Policía Local de Ames intensificará o control das infraccións de tráfico que se cometen nos semáforos do Milladoiro e Bertamiráns. Esta actuación ten como obxectivos lembrar aos condutores que os cruces semafóricos sempre deben respectarse e garantir a seguridade dos peóns.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "A Policía Local de Ames imputou en outubro cinco delitos contra a seguridade viaria"
La Voz de Galicia: "La Policía Local amiense imputó en octubre cinco delitos contra la seguridad vial"