- Tematica
A Policía Local de Ames dá conta dunha actuación realizada hoxe, 17 de marzo, a través da cal se identificou a unha persoa, que tiña pendente unha requisitoria dun Xulgado de Pontevedra de busca e detención para o seu ingreso en prisión. Unha vez identificado foi trasladado ao posto principal da Garda Civil do Milladoiro para que continúe coas correspondentes dilixencias.
A Policía Local de Ames identificou esta mañá a unha persoa que estaba en busca e detención para o seu ingreso en prisión. A actuación tivo lugar este martes, 17 de marzo, ás 11.15 horas, cando os axentes da Policía Local estaban facendo un servizo de patrulla pola avenida da Maía, en Bertamiráns.
Neses intres os axentes decatáronse da presenza dunha persoa que circulaba pola estrada nun patinete eléctrico no cal levaba unha motoserra, motivo polo cal se lle deu aviso para que detivese a súa circulación. Unha vez identificado por parte dos axentes, procedeuse a súa detención debido a que tiña pendente unha requisitoria dun Xulgado de Pontevedra de busca e detención para o seu ingreso en prisión.
Posteriormente, foi trasladado ao posto principal da Garda Civil do Milladoiro, para que continúe coas correspondentes dilixencias, e para comprobar se o patinete eléctrico e maila motoserra foron acadados tras cometer un furto.
O alcalde, Blas García, felicitou aos axentes e destacou o gran traballo que realizan a diario para facer de Ames un dos concellos máis seguros de Galicia: “A súa labor fai que os veciños e veciñas de Ames vivamos un pouco máis tranquilos”.
Novas relacionadas
El Correo Gallego: "Detienen a un hombre con orden de busca y captura: circulaba por Bertamiráns en patinete con una motosierra"
La Voz de Galicia: "En patinete y con una motosierra, así pilló la Policía Local de Ames a un fugado de Pontevedra"
El Correo Gallego: "De Ames y viejo conocido de la Policía: así es el conductor de patinete detenido con una motosierra"
AmsGO!: "A Policía Local identifica a unha persoa en busca e detención para o seu ingreso en prisión"
Xornal de Compostela: "A Policía Local de Ames detén a un home con orde de ingreso en prisión tras identificalo en Bertamiráns"







