[25-10-2012] A Policía Local de Ames ten constancia de que nos últimos días varios comerciantes do concello recibiron a visita duns supostos comerciais que lles ofrecen a posibilidade de inserir publicidade nunha revista relacionada coa Policía Local. Os axentes alertan de que estas persoas manifestan que teñen un acordo para levar a cabo esta publicación, cando isto non é certo. Debido á forma de actuar destas persoas pensase que se pode tratar dunha presunta estafa, aínda que non se ten constancia disto.
Dende a Policía Local faise un chamamento aos comerciantes amienses para que estean alerta ante estas posibles estafas e aclárase que non existe ningunha relación con esa suposta revista. A alerta dérona varios comerciantes que se puxeron en contacto coa Policía.
Os axentes piden á veciñanza que se reciben algunha visita ou proposta por parte desta empresa o poñan en coñecemento da Policía Local a través do teléfono 619 76 75 75.




