[10-12-2015] O pasado 6 de decembro de 2015 foi entregada nas instalacións da Policía Local, situadas en Bertamiráns, unha cantidade de cartos cuxo dono ou dona aínda non os reclamou. Dende a Policía Local prégaselle aos veciños e veciñas que teñan coñecemento da persoa á que pertencen ou que noten a súa falta que acudan ás dependencias da Policía Local, que están situadas na avenida Alcalde Lorenzo, baixo número 2.
O Concello de Ames, a través da Policía Local, fai un chamamento á veciñanza de Ames para tratar de atopar á persoa que perdeu unha cantidade de diñeiro a semana pasada nunha rúa de Bertamiráns.
Segundo explica o inspector da Policía Local, José Antonio Rodríguez, “tratase dunha importante cantidade de diñeiro que foi entregada nas dependencias da Policía local o pasado 6 de decembro. As persoas que poidan demostrar que son os propietarios destes cartos que pasen polas dependencias da Policía Local para poder recuperalos”.
Contido relacionado

La Voz de Galicia:"Se busca al propietario de una «importante cantidade de diñeiro» encontrada en Bertamiráns"
El Correo Gallego:"Buscan ao propietario dunha importante cantidade de cartos atopada en Bertamiráns "




