Pestanas principais

A plataforma veciñal N550 convoca este martes unha asemblea informativa na Casa da Cultura do Milladoiro

Martes, 05 de xuño de 2018

[05-06-2018] Este martes, 5 de xuño, a plataforma N550 convoca a toda a veciñanza do Milladoiro a participar na asemblea xeral, que terá lugar ás 20:30 horas, na Casa da Cultura desta localidade. A plataforma botou a andar o pasado mes de febreiro co obxectivo de reivindicar a humanización da avenida Rosalía de Castro como punto peonil e de esparexemento para a veciñanza. Nas últimas semanas, a plataforma centrou o seu traballo na recollida de sinaturas e no reparto de carteis informativos. Para obter máis información acerca da labor desenvolvida por esta agrupación de veciñas e veciños, pódese consultar o blogue N550milladoiro.blogspot.es. Así mesmo, a plataforma conta co enderezo de correo electrónico N550milladoiro@gmail.com, que está á disposición da veciñanza.

Na asemblea xeral da plataforma veciñal N550 darase conta das accións desenvolvidas ata o momento para, posteriormente, dar paso á planificación de novas actuacións de cara aos vindeiros meses. Desde a súa creación no mes de febreiro, a plataforma ten realizado unha serie de xuntanzas organizativas á hora de calendarizar as diferentes accións a realizar. Nas últimas semanas, o traballo da plataforma estivo protagonizado pola recollida de sinaturas e polo reparto de carteis informativos, que ao igual que asemblea de hoxe buscan aumentar o coñecemento sobre a plataforma entre a veciñanza e ampliar a base social da mesma.

A plataforma veciñal N550 ten como obxectivo acadar unha solución definitiva para a problemática xerada polo elevado tráfico da avenida Rosalía de Castro, pola que discorren a diario máis de 30.000 vehículos. Esta densidade do tráfico provoca inconvenientes á veciñanza que se materializan en problemas de ruído e seguridade viaria, contaminación e aparición de gretas nalgúns edificios.

A asemblea informativa da plataforma N550 terá lugar este martes, 5 de xuño, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. A asistencia e a participación son abertas a toda a veciñanza, coa finalidade de construír unha plataforma ampla na que se impliquen en boa medida gran parte das veciñas e veciños do Milladoiro. A humanización da avenida Rosalía de Castro como punto peonil e de esparexamento é unha vella reclamación da veciñanza desta localidade.



Contido relacionado


Compostela 24 Horas: "A plataforma veciñal N-550 convoca este martes unha asemblea informativa na Casa da Cultura do Milladoiro"